¿Como se fai?


MEIGA elabora as súas cervexas artesas a partires de malte, lúpulo e lévedo principalmente:

A Malte obtense da cebada ou do trigo (maltes que nos empregamos) mediante o proceso do malteado. Este proceso é aplicado os grans de cereal, os cales fanse xerminar o sumerxilos en auga para, posteriormente; secalos rapidamente mediante aire quente. Os grans malteados orixinan as encimas necesarias pra converter o amidón do gran en azucre.

A Cebada é o cereal malteado máis común, debido o seu alto contido en encimas. Pódense maltear outros grans, aínda que o malte resultante pode que non teña o contido encimático suficiente pra converter o seu propio contido de amidón completa e eficientemente. Segundo o tipo de secado, existen variedades de maltes que se empregan en menor ou maior cantidade pra produci-la cervexa.

 

maltas

O Lúpulo (Humulus Lupulus), é unha das tres especies de plantas do xénero humulus, da familia das Cannabináceas. É orixinario de Europa, Asia occidental e Norteamérica.

O ácido do lúpulo (ácido α) ten un suave efecto antibiótico contra as bacterias Gram positivas e favorece a actividade do lévedo.

Os precedentes do seu emprego na elaboración de cervexa pódense remontar a época romana (fai uns 2000 anos). Na elaboración occidental, é o aditivo principal empregado pra facer o denominado contrapeso ou equilibrante ó dulzor da malte. Desta planta o que se emprega é a flor femia sen fecundar. Na base das súas bractéolas hai unhas glándulas que conteñen a lupulina, que é o ingrediente que lle outorgará á cervexa o seu sabor amargo e os aromas propios. Do amargos son responsábeis os ácidos amargos, e os aromas proceden de aceites esenciais constituídos en especial por compostos bastante volátiles e delicados a base de ésteres e de resinas. Existen numerosas variedades botánicas do lúpulo que son obxecto de investigacións intensas. O lúpulo é ca causa da estimación do apetito que produce a cervexa.

lupulo1

Léveda de cervexa (Saccharomyces cerevisiae), e un fungo unicelular, un tipo de levadura utilizada industrialmente na fabricación de pan, cervexa e viño; Grazas á súa capacidade para xerar etanol e dióxido de carbono durante o proceso de fermentación. Basicamente, este proceso é levado a cabo cando a levedura é unha rica en azucres medias, coma no caso do mosto de cervexa.

levadura